A sesión Diálogos estará aberta á participación en formato póster das persoas interesadas en presentar experiencias prácticas e investigacións relacionadas coa educación en museos e a educación patrimonial, que poñan especial énfase en:
Envíe un resumo da proposta de póster en formato PDF á conta de correo xornadaseducacion.museo@depo.gal antes do 17 de novembro de 2023.
Requisitos de envío:
Comunicarase a aceptación o 17 de novembro.
Os traballos aceptados deben enviarse en formato PDF e tamaño A1 á conta de correo xornadaseducacion.museo@depo.gal antes do 27 de novembro de 2023.
Pode acompañar o póster cun breve texto explicativo de 4 a 5 páxinas.
Para o envío, empregue os modelos que pode descargar nesta páxina.
Os gráficos, imaxes e figuras dos textos explicativos deben enviarse en arquivos aparte nunha resolución de 300dpi e formato JPG ou PNG indicando a orde no que aparecen no texto.
Os pósteres que sexan aceptados serán impresos pola organización das Xornadas. Ficarán expostos durante as Xornadas nun espazo común e serán comentados nunha sesión específica que será coordinada para promover o diálogo e a participación (ver programa).
Habilitarase a opción de presentación telemática dos pósters que non poida realizarse de forma presencial.
Os traballos aceptados serán publicados en formato dixital con ISBN e contarán coa expedición da acreditación correspondente.
Todas as persoas autoras deben inscribirse nas Xornadas para recibir o certificado de participación.
Proposta de póster: ata o 17 de novembro de 2023.
Aceptación de póster: ata o 17 de novembro de 2023.
Envío de póster: ata o 27 de novembro de 2023.
Envío de texto explicativo: ata o 27 de novembro de 2023.
O Museo de Pontevedra é unha institución pública, dependente da Deputación de Pontevedra, sen fins de lucro, ao servizo da sociedade e do seu desenvolvemento.
Museo de Pontevedra © 2021. Todos os dereitos reservados.
Deputación de Pontevedra