Programa

II Xornadas sobre Museos e Educación Patrimonial: Construíndo futuros desde a educación

Desenvolvemento do workshop

(xoves de 12:15 a 13:45)

O Museo de Pontevedra levará a cabo unha serie de workshops para dar a coñecer ao público asistente a nosa nova metodoloxía de traballo e amosaremos os novos materiais educativos que pouco a pouco se van incorporando ao quefacer diario do Museo.

Temáticas dos workshops: queremos poñer o foco de atención na oferta educativa e de que maneira se pode facer atractiva a educación patrimonial coa introdución de novos formatos e novas metodoloxías. Pouco a pouco tendemos a reformular os nosos formatos e as nosas narrativas, queremos unirnos ás novas liñas de investigación aportando enfoques actualizados.

Unha vez finalizada a exposición de cada un dos catro workshops, queremos aunar reflexións e dar cabida a unha participación aberta e conxunta. Trataremos de xerar un diálogo en base a unha serie de cuestións que parten da particularidade do noso Museo:

  • Tomando como punto de partida da nosa reflexión o exemplo concreto do Museo de Pontevedra, coas súas singularidades, onde tanto os espazos físicos como as coleccións son inmensos, xeramos unha serie de actividades que nalgunhas ocasións se poden enfocar dunha maneira transversal e noutras seguen o que se demanda desde a educación formal. Pretendemos xerar un debate en torno a estes parámetros.
  • Que vías poderíamos manexar para apelar ao potencial transformador da educación patrimonial? Posible análise da introdución de novidades na acción educativa: novas tecnoloxías, visitas virtuais, gamificación…
  • Opinións sobre a colaboración público-privada na transformación desta acción educativa.

WORKSHOPS. Equipo de Educación do Museo de Pontevedra:

  1. Trea, miña amiga da prehistoria: Infantil + 1º ciclo de primaria. Mª Luisa Tobío, Óscar Barros e Blanca Rodríguez
  2. Detectives da Arte: 3º e 4º de E. Primaria. Mª Luisa Bayón e Paula Iglesias
  3. Meu Castealo: 5º y 6º de E. Primaria. Jose Luis Ageitos e Diana Dúo
  4. Visibles. Arte en feminino: Bacharelato. Helena Rodriguez e Beatriz Bujía.

Programa e espazos dos WORKSHOPS:

12:15-12:35 – Planta 0 Edificio Castelao. Presentación e breve explicación do contido e desenvolvemento dos works. Presentación das/os compañeiras/os e como será a distribución nas distintas salas.

12:40 – Cada participante vai coa compañeira/o que dirixe cada un dos workshops. A continuación desprazámonos a cada un dos espazos que nos corresponde:

  1. Trea, miña amiga da Prehistoria: sala 1 Edificio Sarmiento + mesas laboratorio ourives
  2. Detectives da Arte:  planta 3º Edifcio Castealo+  3º planta
  3. Meu Castelao: salas 7-8 edificio Castelao
  4. Visibles: Edificio Castelao, salas 3.4 y 3.5

12:45-13:15 – Desenvolvemento do workshop

13:30 – Fin da exposición da visita didáctica

13:30-13:45 – Reflexión e diálogo.

 

Museo de Pontevedra © 2021. Todos os dereitos reservados.
Deputación de Pontevedra