Participación

As persoas asistentes poden propoñer pósteres que encaixen dentro das liñas temáticas das Xornadas.

  • Liña 1. Educación patrimonial dende e para a cidadanía
  • Liña 2. Innovación e investigación en educación e mediación en museos
  • Liña 3. Novos medios e formatos ao servizo da educación
  • Liña 4. Experiencias participativas en patrimonio cultural


Instrucións para o envío

Envíe un resumo da proposta de póster en formato PDF á conta de correo xornadaseducacion.museo@depo.es

(antes do 14 de outubro de 2022.)

Requisitos de envío:

  • Título
  • Autoría
  • Institución á que pertencen
  • Liña temática
  • Resumo (máx. 300 palabras)
  • Modalidade de presentación
  • Asunto: Póster
  • Nome do arquivo: poster_apelidos.pdf


Os pósteres aceptados deben enviarse en formato PDF e tamaño A1
á conta de correo xornadaseducacion.museo@depo.es antes do 21 de outubro de 2022.

Pode acompañar o póster cun breve texto explicativo de 4 a 5 páxinas.

Para o envío, empregue os modelos que pode descargar nesta páxina (Plantilla Envío Póster e Plantilla Envío Texto).

Os pósteres que sexan aceptados serán impresos pola organización das Xornadas, ficarán expostos durante as Xornadas nun espazo común e serán comentados nunha sesión específica que será coordinada para promover o diálogo e a participación (ver programa).

Habilitarase a opción de presentación telemática dos pósters que non poida realizarse de forma presencial.

Publicación

Os pósteres que sexan aceptados serán publicados en formato dixital con ISBN e contarán coa expedición da acreditación correspondente.

Todas as persoas autoras deben inscribirse nas Xornadas para recibir o certificado de participación.

Modelo para póster

Proposta póster: ata o 7 de outubro de 2022 (ampliado ata o 18 de outubro)

Aceptación póster: ata o 14 de outubro de 2022 (ampliado ata o 21 de outubro)

Envío póster: ata o 24 de outubro de 2022

Envío texto explicativo: ata o 24 de outubro de 2022 (ampliado ata o 30 de novembro)

Museo de Pontevedra © 2021. Todos os dereitos reservados.
Deputación de Pontevedra