Os días 3 e 4 de novembro de 2022 celebráronse no Museo de Pontevedra as II Xornadas sobre Museos e Educación Patrimonial: construíndo futuros desde a educación.
As xornadas tiveron o obxectivo de continuar a ser o foro para o diálogo entre diferentes axentes que desenvolven o seu traballo no eido da educación en museos e universidades de Galicia, España e Portugal. O encontro enfocouse arredor de tres eixes: unha educación patrimonial para o cambio social; os novos formatos e medios na educación e acción cultural; e a creación de redes de colaboración entre institucións.
O programa incluíu dous relatorios, tres mesas redondas coa participación de investigadoras e profesionais vinculadas con museos e universidades, unha sesión de pósteres e dous talleres simultáneos.
3 XOVES
09:00-9:30 Entrega de acreditacións.
09:30-10:00 Acto inaugural.
10:00-10:45 Relatorio: Museos, educación e patrimonio: os retos do fururo. María Jesús Rubio Visiers, Museo Arqueológico Nacional.
10:45-11:45 Mesa 1. Educación patrimonial para o cambio social. Coordinan: Encarna Lago, Rede Museística Provincial de Lugo; Laura Lucas Palacios, Universidad Complutense de Madrid; Alexandra Falcão, Museo de Lamego.
11:45-12:15 Pausa café.
12:15-13:45 Workshop*: acción educativa e aprendizaxe transformadora no Museo de Pontevedra. Coordina Sabela Santos Filgueira.
16:00-17:30 Sesión de obradoiros simultáneos. Obradoiro 1. Recuperar a memoria dende o cotiá. Beatriz Gallego, Labrit patrimonio.
Obradoiro 2. Comunidades patrimoniais. Ángel Portolés Górriz, Projecte Patrimoni. Programa d'Extensió Universitària - PEU. Universitat Jaume I.
17:30-18:00 Pausa café.
18:00-19:00 Mesa 2. Tecendo redes: sinerxias e colaboracións entre institucións. Coordinan: Cosme Gómez Carrasco, Universidad de Murcia; Ana Estévez, Carme Campo, Museo do Pobo Galego, e Trinidad Canosa, ONCE; Cristina Sánchez-Carretero, INCIPIT-CSIC.
4 VENRES
09:30-10:45 Sesións de pósteres. Coordina: Ana Portela Fontán, Universitat de Barcelona.
10:45-11:45 Mesa 3. Novos medios e formatos na educación e acción cultural. Coordinan: Miguel Ángel Cajigal, Fundación Cidade da Cultura de Galicia; Júlia Castell Villanueva, Universitat de Barcelona; Myriam Martín Cáceres, Universidad de Huelva.
11:45-12:15 Pausa café.
12:15-13:00 Relatorio: Construíndo futuros dende a práctica educativa do Museo Würth La Rioja. Carmen Palacios Hernández, Museo Würth La Rioja.
13:00-13:30 Peche e despedida.
Dirección
José Manuel Rey García (Director do Museo de Pontevedra)
Belén Mª Castro Fernández (Universidade de Santiago de Compostela)
Ana Portel Fontán (Universitat de Barcelona)
Coordinación científica
María Leticia López Mondéjar (Universidade de Santiago de Compostela)
Comité científico
Comité organizador
Datas clave para o envío de material e inscricións
Envío de propostas de pósters: ata o 7 de outubro de 2022.
Aceptación de pósters: ata o 14 de outubro de 2022.
Envío de póster aceptado: ata o 24 de outubro de 2022.
Envío de texto explicativo ao póster (opcional): ata o 24 de outubro de 2022.
Data límite de inscrición: ata o 24 de outubro de 2022.
Os días 4 e 5 de novembro tiveron lugar no Museo de Pontevedra as I Xornadas sobre Museos e Educación Patrimonial: Patrimonio e Comunidades.
A convocatoria pretende ser un espazo de reflexión, posta en común e colaboración entre investigadores universitarios e dos equipos de desenvolvemento educativo e acción cultural dos museos de Galicia, doutras rexións de España e de Portugal.
A iniciativa nace da colaboración entre o Museo de Pontevedra e a Universidade de Santiago de Compostela, conta co financiamento da Deputación de Pontevedra, e ten vocación de continuidade tras recoller as propostas e arelas das e dos participantes.
4 XOVES
09:00-9:30 Entrega de acreditacións
09:30-10:00 Acto inaugural
10:00-10:45 Relatorio inaugural. Olaia Fontal, Universidade de Valladolid
10:45-11:15 Pausa café
11:15-12:00 Relatorio Rufino Ferreras, Museo Thyssen-Bornemisza
12:00-13:30 Mesa Os museos e a mediación cultural. Coordinan: Miguel Ángel Cajigal, Fundación Cidade da Cultura de Galicia; Encarna Lago, Rede Museística Provincial de Lugo; José Antonio Chilía, Museo de Cádiz
16:00-17:30 Mesa A educación patrimonial e a Axenda 2030. Coordinan: Alice Semedo, Universidade de Porto; Marián López Fernández-Cao, Universidade Complutense de Madrid; Cosme Gómez, Universidade de Murcia
17:30-18:15 Pausa café
18:15-19:45 Sesións simultáneas de pósters. Coordinan: Álex Ibáñez, Universidade do País Vasco; Myriam Martín, Universidade de Huelva
5 VENRES
9:30-11:00 Mesa Os museos e a dimensión social do patrimonio. Coordinan: Ana Estévez, Museo do Pobo Galego; Paula Tilve, Museo de Pontevedra; Beatriz Comendador, Universidade de Vigo
11:00-11:45 Pausa café
11:45-12:30 Relatorio Ana Moreno, Museo Nacional del Prado
12:30-13:00 Conclusións e propostas de futuro
13:00-13:30 Peche e despedida
Directores
José Manuel Rey García (Director do Museo de Pontevedra)
Belén Mª Castro Fernández (Universidade de Santiago de Compostela)
Jorge Conde Miguélez (Universidade de Santiago de Compostela)
Comité científico
Comité organizador
Datas clave para o envío de material e inscricións
Envío de propostas de pósters: ata o 15 de outubro de 2021.
Aceptación de pósters: ata o 20 de outubro de 2021.Envío de póster aceptado: ata o 25 de outubro de 2021.
Envío de texto explicativo ao póster (opcional): ata o 25 de outubro de 2021.
>Data límite de inscrición: ata o 31 de outubro de 2021.
O Museo de Pontevedra é unha institución pública, dependente da Deputación de Pontevedra, sen fins de lucro, ao servizo da sociedade e do seu desenvolvemento.
Museo de Pontevedra © 2021. Todos os dereitos reservados.
Deputación de Pontevedra