Data
14 e 15 de decembro de 2023
14 e 15 de decembro de 2023
Museo de Pontevedra (Edificio Castelao)
Rúa Padre Amoedo Carballo, 3, 36002 Pontevedra
Data límite de inscrición, 4 de decembro de 2023
As III Xornadas sobre Museos e Educación Patrimonial. Coñecementos compartidos pretenden ofrecer un espazo de diálogo e reflexión sobre un dos temas máis importantes e de maior transcendencia no eido social. A construción dunha cidadanía comprometida co seu medio, implicada na construción da súa identidade cultural, con conciencia histórica e competencia cívica, require de proxectos educativos orientados á cohesión social. Baixo unha orientación ética, o museo e espazos educativos teñen a responsabilidade irrenunciable de contribuír de forma coordinada a formar conciencias activas, solidarias e socioafectivas coa comunidade. As persoas necesitan claves para desmontar estereotipos, desbotar prexuízos e reivindicar criticamente accións sostibles no seu contexto de relación. É por isto que o museo é o aliado necesario para redescubrir e resignificar de forma orientada e guiada os espazos de convivencia.
Aínda que progresivamente o museo é asumido como un espazo de intercambio de coñecementos, é preciso dispor de foros para compartir experiencias e inquedanzas, estender voces e miradas, revisar rutinas e impulsar cambios entre profesionais da educación e dos museos, así como o público en xeral.
Dirección
Belén Castro Fernández (Universidade de Santiago de Compostela)
·
Coordinación xeral
Agar Ledo Arias (Museo de Pontevedra)
·
Coordinación científica
Ana Portela Fontán (Universitat de Barcelona)
·
Comunicación
Moisés Álvarez Jorge (Museo de Pontevedra)
·
Comité científico
Miguel Ángel Cajigal Vera (Fundación Cidade da Cultura)
Álvaro Chaparro Sainz (Universidad de Almería)
José María Cuenca López (Universidad de Huelva)
Cosme Gómez Carrasco (Universidad de Murcia)
Álex Ibáñez Etxeberria (Universidad del País Vasco)
Encarna Lago González (Rede Museística Provincial de Lugo)
Ramón López Facal (Universidade de Santiago de Compostela)
Myriam Martín Cáceres (Universidad de Huelva)
Carolina Martín Piñol (Universidad de Barcelona)
Pilar Rivero Gracia (Universidad de Zaragoza)
Alice Semedo (Universidade do Porto)
·
Comité organizador
Xosé Armas Castro (Universidade de Santiago de Compostela)
Jorge Conde Miguélez (Universidade de Santiago de Compostela)
Julia Feijóo Outumuro (Universidade de Santiago de Compostela)
Ramón López Facal (Universidade de Santiago de Compostela)
Leticia López Mondéjar (Universidade de Santiago de Compostela)
Zósimo López Pena (Universidade de Santiago de Compostela)
Ana Portela Fontán (Universitat de Barcelona)
Sabela Santos Filgueira (Museo de Pontevedra)
Paula Tilve Otero (Museo de Pontevedra)
O Museo de Pontevedra é unha institución pública, dependente da Deputación de Pontevedra, sen fins de lucro, ao servizo da sociedade e do seu desenvolvemento.
Museo de Pontevedra © 2021. Todos os dereitos reservados.
Deputación de Pontevedra