Relatoras

Miguel Ángel Cajigal Vera Fundación Cidade da Cultura de Galicia

Historiador da arte. Forma parte do Servizo de Educación da Cidade da Cultura de Galicia e dirixe o Máster de Educación en Museos y Espacios Culturales da Universidad Miguel de Cervantes (Valladolid).

É membro do Consello Internacional de Museos (ICOM) e do Consello Internacional de Monumentos e Sitios (ICOMOS).

Ten colaborado con institucións como a Colgate University, o Consello da Cultura Galega, a Universidad de Málaga, a UNED, a Universidad de Cantabria, a Universidad del País Vasco ou o Comité Español de Historia da Arte. Tamén con museos coma o Museo Nacional Thyssen-Bornemisza, o Museu de Belles Arts de València ou o Museo de Almería, entre outros.

Mantén un activo perfil de divulgación en plataformas sociais, polo cal acaba de ser recoñecido co Premio EDE como Mellor Educador Dixital de España na categoría de Historia (2022). É colaborador no Galicia por Diante da Radio Galega, en Julia en la Onda de Onda Cero e no programa de divulgación histórica El Condensador de Fluzo de RTVE.

Apply Now
Carme Campo Martínez Museo do Pobo Galego

Licenciada en Historia da Arte pola USC, técnica superior en turismo, guía oficial de Galicia e posgrao en Xestión cultural pola UOC.

Dentro da educación non formal, fórmase, dende ben pequena, no baile tradicional galego, sendo na actualidade mestra de baile e xestora de diferentes proxectos que o achegan a unha visión contemporánea. Un exemplo é Andar cos Tempos, iniciativa creada en 2015 xunto con Chus Caramés, para revisalo con perspectiva de xénero.

Traballa como técnica no Departamento de Educación do Museo do Pobo Galego dende o ano 2008. Participa principalmente na área de didáctica escolar. Tamén desenvolve traballos de integración a través, principalmente, do patrimonio inmaterial, nomeadamente a redacción, xunto con Beatriz Rey, da guía para a estimulación cognitiva de persoas con demencia tipo alzhéimer "Estimulando a memoria dende o Museo do Pobo Galego. O folclore como recurso para a estimulación cognitiva".

Trinidad Canosa Díaz ONCE

Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa traxectoria profesional divídese en dúas partes: a primeira delas, ligada á cultura galega, como normalizadora lingüística en varias institucións (Concello de Foz, Concello de Culleredo, Universidade da Coruña,...), ademais de profesora de lingua galega para adultos; e durante case cinco anos formando parte de aCentral FolK, a Escola Galega de Música Tradicional, en tarefas de  xestión e programación cultural.

A segunda das liñas profesional está vinculada á ONCE e a súa condición como afiliada. Desenvolveu diferentes traballos en centros de toda Galicia e dende o 2018 é a Coordinadora de Animación sociocultural e promoción deportiva na Delegación Territorial da ONCE en Galicia.

Júlia Castell Villanueva Universitat de Barcelona

Licenciada en Historia da Arte pola Universitat de Barcelona e doutora pola mesma universidade coa súa tese sobre Educación aberta e recursos educativos nos sitios web dos museos en España.

Membro do Grup de Investigación DIDPATRI, Didáctica del Patrimonio, Nuevas Tecnologías y Museografía Comprensiva, do Grupo Consolidado de Innovación docente ARTINNOVA e da Red14. A súa experiencia na transmisión de coñecemento relacionada coa innovación tecnolóxica e educativa foi fundamentándose ao longo de toda a súa traxectoria tanto no ámbito persoal como profesional, movéndose sempre na interdisciplinariedade, pero mantendo unha liña constante en relación coa educación, a cultura e as novas tecnoloxías. Profesionalmente destaca a súa colaboración activa no desenvolvemento de máis dun centenar de proxectos competitivos, tanto no sector público como privado, así como en diferentes proxectos de innovación docente. Esta traxectoria levouna a consolidar a súa principal liña de investigación relacionada coa transmisión didáctica do coñecemento en contextos culturais da que se derivan diferentes publicacións, entre as cales destacan especialmente os monográficos Manual de Museografía Interactiva (2010) e Museografía didáctica espazos arqueolóxicos (2012) ambos da editorial TREA.

Imparte docencia formal regrada dende hai máis de 10 anos na Universitat de Barcelona, colaborando activamente no deseño e arranque de diferentes másteres e posgraos virtuais de patrimonio didáctico e interactivo para diferentes institucións.

Ana Estévez Lavandeira Museo do Pobo Galego

Licenciada en Xeografía e Historia na especialidade de Museoloxía e Máster Universitario en Historia Contemporánea.

Comezou a súa carreira profesional no campo da educación artística e patrimonial en programas de formación para mulleres do departamento de Igualdade do Concello de Vigo e no Museo Municipal Quiñones de León. Coordinou durante nove anos o Proxecto Didáctico da Fundación Antonio Fraguas e o Museo do Pobo Galego. 

No eido da museoloxía, seguiu a traballar nas áreas de didáctica e de acción sociocultural, participando tamén nalgúns proxectos de investigación sobre educación patrimonial e avaliación de programas educativos en museos. No ámbito da historia, nomeadamente nos estudos de xénero, ten investigado no que atinxe á reconstrución dos procesos socio-históricos que afectan ás mulleres en Galicia no século XX. Unindo ambos os dous campos, desenvolveu programas de museoloxía social e comunitaria como o Café Da Memoria.

Na actualidade, dirixe a MICE, Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, un espazo de divulgación, encontro e formación ao redor do cinema e as Ciencias Sociais, e é a responsable do Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo do Pobo Galego.

Alexandra Falcão Museo Lamego

Con formación en Historia da Arte e Museoloxía. Participou en publicacións, conferencias e coloquios que xorden do seu interese polos campos da historia da arte, a educación, a literatura, a música, o cinema e a museoloxía, esta última como plataforma privilexiada de articulación entre os anteriores.

Directora do Museo Lamego e coordinadora dos Monumentos do Valle de Varosa dende 2018. Entre as súas reflexións máis destacadas, a posibilidade de construír novas narrativas para as coleccións, os edificios e a súa historia, no marco dunha museoloxía máis participativa, inclusiva e humanista, baseada na relación do público co obxecto artístico e patrimonial. Tamén se centrou na biografía dos obxectos e en cuestións relacionadas coa mediación cultural e educativa.

Beatriz Gallego Muñoz Labrit Patrimonio

Licenciada en Historia pola Universidade do País Vasco e en Antropoloxía Social e Cultural pola UNED e Máster de Estudos Interdisciplinares de Xénero pola Universidade Autónoma de Madrid. Comezou a súa traxectoria profesional en proxectos divulgativos do patrimonio arabés, tanto con grupos escolares como con público diverso. Posteriormente, desenvolveu diferentes proxectos de investigación de carácter etnográfico, de temática variada localizados en Álava, Gipuzkoa e Madrid, baseados na recompilación e posta en valor da memoria oral.

Forma parte do equipo de Labrit Patrimonio dende 2019, onde é responsable da área de Consultoría.

Cosme Gómez Carrasco Universidad de Murcia

Profesor Titular de Didáctica das Ciencias Sociais da Universidade de Murcia. Foi bolseiro predoctoral na Universidad de Castilla-La Mancha, e investigador postdoutoral na École des Hautes Études en Sciences Sociales de París, e no Instituto de Historiografía da Universidad Carlos III de Madrid. Tamén foi Honorary Researcher Associate na University College of London (Institute of Education) e Profesor Convidado no Centre de Recherches Historiques (EHESS, París). Actualmente é Investigador Principal do grupo DICSO da Universidad de Murcia. Participou en 16 proxectos de investigación sobre educación histórica, didáctica das ciencias sociais, historiografía e historia social. Coordinou 3 proxectos de investigación sobre formación do profesorado, financiados pola Fundación Séneca, a Axencia Estatal de Investigación, e por fondos Erasmus+. As súas liñas de investigación principais son: educación histórica, formación do profesorado, métodos activos de aprendizaxe, historiografía e historia social.

Encarna Lago González Rede Museística de Lugo

Funcionaria da Deputación Provincial de Lugo e Xerente da Rede Museística Provincial de Lugo.

Máis de 34 anos de funcionaria e 23 de experiencia na dirección, programación, xestión e didáctica de museos dentro das liñas do MINOM.

Docente no Máster de Xestión de Servizos Culturais da (USC) e do Curso de Experto Universitario da (USC) en Santiago; do Título Propio de “Técnico Auxiliar en entornos culturales” da Universidad de Málaga.

O seu modelo de xestión foi recoñecido primeiro co premio da Crítica de Galicia en 2004, e máis tarde co Premio Mellor Experiencia didáctica en 2009 da Fundación Rosalía, Premio ONCE Solidariedade en 2011, Premio Galicia Inclusión Anade no 2017, Premio Conversacións Ibermuseos 2017 e Premio Mellor Iniciativa Institucional en 2020 COGAMI. O Plan Inclusivo da RMPL forma parte do Banco Galego de Boas Prácticas.

Laura Lucas Palacios Universidad Complutense de Madrid

É profesora do departamento de Didáctica de Ciencias Sociais na Universidade Complutense de Madrid, doutora en Didáctica das Ciencias Sociais pola Universidade de Huelva e experta en estudos de xénero e políticas de Igualdade pola Universidade de Valladolid. A súa tese doutoral foi premiada polo ministerio de Ciencias e Innovación. Pertence ao grupo de investigación DESYM, ao grupo Red 14, forma parte do Seminario Interdisciplinar de Género e Educación da UCM e tamén do Instituto de Investigacións Feminista. Ademais, é parte activa de RedGen Didáctica das Ciencias Sociais.

A súa principal liña de investigación é “A coeducación patrimonial para a formación dunha ciudadanía crítica e equitativa” e “A ensinanza-aprendizaxe do ecofemismo crítico a partir da arte e do patrimonio”.

Participou e participa en diversos proxectos de I+D de índole nacional e europeo vinculados coa educación patrimonial e para a cidadanía, tales como o proxecto EPITEC e EPITEC 2, o Observatorio de Educación Patrimonial en España, o proxecto de mulleres ilustradoras no museo ABC, o proxecto Arte, Investigación e Feminismos da Universidade do País Vasco ou o proxecto europeo Erasmus+ K2 Power: “Explorando el género, el poder y el empoderamiento a través del arte”.

Froito do seu traballo son numerosas publicacións nacionais e internacionais e participacións en congresos, seminarios, xornadas e cursos.

Carmen Palacios Hernández Museo Würth La Rioja

Licenciada en Historia (2003) pola Universidad Complutense de Madrid e Diploma de Estudios Avanzados – Suficiencia investigadora (2007) pola mesma Universidade. Posteriormente, obtivo o Máster en museos: educación y comunicación (2007) pola Universidad de Zaragoza.

Dende o ano 2007, antes da súa apertura ao público, forma parte do equipo técnico do Museo Würth La Rioja onde desenvolve a súa actividade profesional como coordinadora de exposicións e proxectos culturais e responsable da área educativa do museo. Na súa práctica profesional conflúen o curatorial e o educativo, co desenvolvemento social e rural a través da cultura.

No ámbito educativo, o seu traballo presentouse nas 17, 18 e 19 Xornadas DEAC e no III Congreso los Museos en la educación organizado polo Museo Nacional Thyssen Bornemisza. Colabora regularmente con seminarios e conferencias sobre educación de museos e arte contemporáneo coa Universidad de la Rioja, a Universidad de Zaragoza, a Universidad de Navarra e a UNAM (México), así como con diversas iniciativas culturais de acceso á cultura contemporánea no ámbito rexional. O seu traballo publicouse en revistas especializadas e monografías especializadas no ámbito da educación en arte contemporánea. Na actualidade está a dirixir a organización das 21 Jornadas DEAC: Conmover – Mover – Movilizar, que terán lugar no Museo Würth La Rioja en outubro de 2022.

Ana Portela Fontán Universitat de Barcelona

Doutora en Didáctica das Ciencias, as Lenguas, as Artes e as Humanidades, liña de investigación en Didáctica do Patrimonio, as Artes e o Turismo cultural, pola Universitat de Barcelona (UB), Máster de Educación Interdisciplinaria das Artes pola mesma e graduada en Educación Primaria.

Actualmente é investigadora postdoutoral contrato Margarita Salas (UB) e membro colaborador do grupo de investigación Roda da Universidade de Santiago de Compostela, na que realiza unha estada. O seu proxecto, en colaboración co Centro Galego de Arte Contemporánea, explora as posibilidades do uso do obxecto como recurso didáctico nas prácticas educativas.

A súas liñas principais de investigación son a educación en museos e centros de arte contemporánea, a educación artística e patrimonial, o estudo e deseño de materiais educativos e a didáctica do obxecto; cunha actividade orientada á transferencia e construción de coñecemento entre diferentes axentes.

Ángel Portolés Górriz Programa de Extensión Universitaria PEU. Universitat Jaume I

Xestor cultural licenciado en Humanidades pola Universitat Jaume I de Castelló e  doutorando do Programa Educación da mesma universidade (tese doutoral sobre a socialización do patrimonio en curso). Especialista en xestión cultural e proxectos culturais en áreas rurais.

Acompaña procesos participativos baseados no coñecemento e socialización do patrimonio cultural e investiga sobre a creación, desenvolvemento e interaccións das comunidades patrimoniais. Imparte formación e talleres sobre educación patrimonial e participa no desenvolvemento de metodoloxías baseadas na innovación social para o desenvolvemento, xestión e socialización participativa e comunitaria do patrimonio. Coordina o  Acompañamento Técnico de proxectos do Programa de Extensión Universitaria – PEU da Universitat Jaume I de Castelló e a rede de comunidades patrimoniais do proxecto Patrimoni - PEU.

Dende 2017 participou en diferentes reunións e talleres da Red da Convención de Faro do Consello de Europa en representación do Programa de Extensión Universitaria da Universitat Jaume I. No marco desta colaboración, coordinou en 2018 o proxecto colaborativo ¿Qué piensas y sientes que es el patrimonio cultural? (What do you think and feel cultural heritage really means?).

María Jesús Rubio Visiers Museo Arqueológico Nacional

Licenciada con grao en Xeografía e Historia (sección Prehistoria e Arqueoloxía) pola Universidad Autónoma de Madrid. Premio Extraordinario de Licenciatura. Pertenceu ao Corpo de Axudantes de Museos do Ministerio de Cultura entre os anos 2002-2005. Entre 2003-2006, foi responsable do departamento de Difusión do Museo do Exército organizando actividades didácticas e coordinando exposicións temporais e publicacións. Dende o ano 2005, pertence ao Corpo Facultativo de Conservadores de Museos do Ministerio de Cultura.

Dende 2006, forma parte do departamento de Difusión do Museo Arqueológico Nacional, na sección de Programas Educativos para centros escolares. Coordina igualmente o Programa de Voluntariado Cultural de Persoas Maiores e o Programa de Accesibilidade. Realizou diversos cursos de especialización en aspectos museológicos, en especial, sobre exposicións temporais e didáctica de museos. Sobre esta última temática ha realizado diversas publicacións e impartido cursos para profesores e outros especialistas.

Cristina Sánchez Carretero INCIPIT - CSIC

Investigadora Científica e Vicedirectora do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), onde coordina a especialidade de antropoloxía. Realizou o doutoramento na Universidad de Pennsylvania. É actualmente a presidenta da Asociación de Antropoloxía do Estado Español (ASAEE). As súas investigacións céntranse nos procesos de patrimonialización das sociedades contemporáneas, en temas de conflito e patrimonio e no estudo de novos rituais e patrimonios emerxentes. O seu último proxecto de investigación trata sobre modelos alternativos de habitar e xestionar o patrimonio, “HabitPAT. Los cuidados del patrimonio” (MCIN/AEI/ 10.13039/501100011033). Entre os seus libros destacan: El imperativo de la participación en la gestión patrimonial (Madrid: CSIC, 2019), Heritage, Pilgrimage and the Camino to Finisterre: Walking to the End of the World (Amsterdam: Springer, 2015), Grassroots Memorials. The Politics of Memorializing Traumatic Death (Oxford: Berghahn, 2011).

Sabela Santos Filgueira Museo de Pontevedra

Licenciada en Historia da Arte pola USC e pola Universitá degli Studi di Milano. A súa traxectoria profesional sempre estivo ligada aos museos. No ano 2001 traballou no Padiglione d’arte Contemporanea (PAC) de Milán e dende o ano 2003 no Museo de Pontevedra.

A súa relación coa educación nos museos inicia nese mesmo ano en que entra a formar parte do equipo do Gabinete Didáctico do Museo de Pontevedra. No ano 2021 pasa a ser a responsable do Departamento de Educación e Acción cultural. Dende hai un ano leva a xestión cultural do Museo de Pontevedra e un dos seus grandes retos é o de reformular as prácticas educativas que se ofertan dede o Museo cunha nova Programación Educativa na que se inclúan novidosas metodoloxías, formatos e narracións.

Foi comisaria da exposición “Nadais, colección Filgueira Valverde” e realizou distintas publicacións en relación fundamentalmente coas coleccións do Museo de Pontevedra. Participou como relatora e docente en varias xornadas nas que se fala da arte e dos museos como recursos educativos, masters e formación do profesorado en museos.

Museo de Pontevedra © 2021. Todos os dereitos reservados.
Deputación de Pontevedra